Sábado 07 de Decembro de 2019

A Consellería de Educación executará obras de renovación dos baños do colexio de Castrelo de Miño


Continúan as obras de mellora no centro, tras a renovación integral da carpintería exterior o pasado ano para mellorar a eficiencia enerxética do centro.
As renovación dos baños era unha demanda da comunidade educativa do centro, e do concello de Castrelo de Miño, e o importe das obras ascende a 25.000 euros.
As obras serán realizadas ao finalizar o actual periodo lectivo, para estar executadas antes do inicio do novo curso escolar.

Nesta semana foille comunicado ao Concello de Castrelo de Miño a realización das obras. O alcalde Xurxo Rodríguez Méndez, manifestou o seu agradecemento á Consellería, por escoitar as demandas plantexadas desde o noso concello e poñerlle solución. Destacou tamén o bo entendemento e a colaboración prestada sempre polo Concello, desde a Consellería de Educación e desde a Delegación Territorial, e que permitiron mellorar notablemente as condicións do centro polo ben dos alunos e alunas nos últimos anos.
A consellería de educación contempla a través do programa de reforma ampliación e mellora dos centros publicos de educación infantil e primera, diversas obras para contribuír á conservación, mantemento e mellora da funcionalidade e operatividade dos centors de ensino públicos de titularidade e compentencia municipal, contribuindo ao adecuado desenvolvmeento das actividades docentes ao tempo que se evita o deterioro dos inmobles.
A traves destas actuacións posibilitase a adaptacion das edificacións ás novas demandas da comunidade educativa, reparando e mellorando as dotacións e instalacións dos edificios do CEIP.

Deja un comentario