Mércores 18 de Setembro de 2019

Campamento 2019: Castrelo concilia no Verán


Actividades lúdico-educativas para todos os rapaces do concello no Parque Náutico durante todas as mañás do verán.

O concello de Castrelo de Miño organiza unha nova edición do seu campamento de verán para os nenos de 4 a 13 anos.

Con esta medida, durante os meses de xullo e agosto no parque náutico de Castrelo de Miño, realizarase esta actividade lúdico-educativa para todos os rapaces do concello entre 4 e 13 anos durante os meses que non teñen colexio.

Con este servizo préstase unha axuda para a conciliación de todas aquelas familias, nais e pais cuxas vacacións non coincidan co periodo non lectivo dos cativos.

Este campamento de verán está aberto en horario de 10 a 14 horas, conta cun monitor cada 10 nenos que realizan actividades deportivas, manualidades, ciencias, xogos, audiovisuais, sendeirismo, clases de natación na piscina, actividades náuticas…

Abriuse o prazo de inscrición e todos os interesados aínda se poden incorporar a este programa de conciliación familiar, inscribíndose na casa do concello de Castrelo de Miño.

Deja un comentario