Luns 24 de Xuño de 2019

O Concello retoma as actividades da Semana do Medio Ambiente que foran suspendidas pola choiva


 

‘Eco-xincana, os elementos da natureza’, celebrarase o mércores 12 de xuño, ás 18:30 horas, na Alameda do Cruceiro.

 

O Concello de Ourense retoma as dúas actividades que foran suspendidas, o pasado xoves, polas condicións climatolóxicas adversas. xoves 6 de xuño, Eco-xincana. Os elementos da natureza, ás seis e media na Alameda do cruceiro; e Coñece os paxaros no parque Angelita Paradela. Os obradoiros están dirixidos a un público infantil e familiar, son gratuítos e non precisan de inscrición previa.

Mércores 12, 18:30 horas. Alameda do Cruceiro. Todos os públicos.

Eco-xincana. Os elementos da natureza. Os participantes veranse envoltos nunha actividade dinámica e participativa que busca o compromiso das nenas e nenos co coidado da natureza. Mediante o xogo quérese fomentar o pensamento crítico para tomar actitudes máis responsables co medio.

Xoves 13, 18:30 horas. Parque Angelita Paradela. Público infantil.

Coñece os paxaros. Logo de dar un paseo polo parque cos nenos e nenas para que intenten atopar os paxaros que nel viven e se ensinarán as características básicas dos mesmos, elaborarase unha casa para paxaros cun tetrabrik, reutilizando así un residuo.

Deja un comentario