Luns 24 de Xuño de 2019

Entrega de diplomas do curso 2018-2019 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación


 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou no centro cultural “Marcos Valcárcel”, na entrega dos diplomas do curso 2018-2019 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación aos 31 alumnos do curso de construción de instrumentos musicais. Este curso foi impartido por Luciano Pérez, Carlos Castro e Manuel Brañas, nos apartados de instrumentos medievais, de percusión e tradicionais.

Ao remate do acto, o mestre gaiteiro, mestre artesán e técnico en cultura tradicional, Xavier Blanco, ofreceu un concerto didáctico sobre “os instrumentos pobres”, entendidos como aqueles útiles relacionados cos labores e faenas cos cales xa os nosos antepasados facían música.

Xavier Blanco desenvolve o seu traballo profesional no Concello de Moaña, en Pontevedra. Como músico de raíz recoñecido a nivel nacional e internacional ten publicado cinco traballos discográficos, dous documentais e varios libros nos que recolle as cantigas do noso repertorio común e o saber popular máis ancestral. A súa principal fonte de inspiración e de información son as persoas maiores das que recollendo moitos anos unha memoria histórica composta por máis de 35.000 documentos sonoros, a Asociación de Escritores en lingua Galega outorgoulle, no ano 2014, o Premio Mestre da Memoria.

Deja un comentario