Luns 24 de Xuño de 2019

A Capela Madrigalista estrea nos Milagros unha misa dedicada ás vítimas dos incendios de 2017


O concerto, que conta co apoio da Deputación de Ourense, terá lugar o vindeiro domingo e conmemora o 150 aniversario da chegada dos Padres Paúles a Molgas e os 30 anos de carreira da Capela

Manuel Baltar destacou na presentación “o compromiso coa nosa cultura musical por parte do goberno provincial” e felicitou á congregación e á agrupación coral polo seu labor social e cultural

Ourense, 6 de xuño de 2019.- A Capela Madrigalista estrea o vindeiro domingo, 9 de xuño, ás 19.00 horas, no Santuario dos Milagros (Baños de Molgas) unha misa en latín e galego dedicada ás vítimas dos incendios forestais de 2017, obra do compositor Julio Domínguez. O concerto, que conta co apoio da Deputación de Ourense, conmemora o 150 aniversario da chegada dos Padres Paúles a Molgas e os 30 anos de carreira da Capela, dous efemérides que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe na presentación deste concerto de música sacra, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, subliñando “o compromiso coa nosa cultura musical por parte do goberno provincial”, e felicitando á congregación pola súa labor social e evanxelizadora e á agrupación coral polo traballo a prol da cultura musical ao longo dos máis de 200 concertos ofrecidos desde a súa creación.

No acto de presentación, Yerai Fariñas, en representación dos Padres Paúles, agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense, e avogou por seguir potenciando as actividades lúdicas e culturais no Santuario dos Milagros, iniciativa que contou co apoio do presidente Baltar, así como de continuar ofrecendo este concerto sacro noutras localidades da provincia. Neste sentido, Ruth González, portavoz da Capela Madrigalista, salientou “o sentido solidario e solemne” da obra que se estrea a vindeiro domingo, un concerto que contará, ademais das voces da Capela Madrigalista, coa participación do pianista Miguel Sáez e o do quinteto “Rubato” de oboe, clarinete, frauta, fagot e trompa.

Deja un comentario