Luns 24 de Xuño de 2019

Poesía, maxia e viño para celebrar o solsticio de verán en Castrelo de Miño


 

O concello de Castrelo de Miño organiza por segundo ano consecutivo un novo evento de promoción vitivinícola no Parque Náutico, en colaboración cos poetas e magos do Ribeiro

Co gallo do solsticio de verán, o 21 de xullo a partires das 19:30 horas terá lugar a segunda edición deste novo evento que busca promocionar os viños do Ribeiro, e nesta ocasión maridados con poesia e maxia.

A Poesía correrá a cargo dos poetas do Ribeiro Jesús Alonso Montero, Nesto Fernández e Xacobe García Souto, e os cabezas de de cartel convidados Wladimir Dragossán e Cruz Martínez Vilas.

A Maxía correrá a cargo do Mago do Ribeiro, Mago Albert.

O viño para maridar este novo evento cultural de promoción vitivinícola será o das adegas:
Loeda, Cunqueiro, Arco da Vella a adega do Eladio, Pousadoiro, Celme, Eloi Lorenzo, Solaina Minei, e o Alborexar no Ribeiro.

A vitivinicultura é a principal actividade económica de Castrelo de Miño, e son moitos os eventos promocionais que organiza o concello ao longo do ano en colaboración coas adegas do seu termo municipal e do resto da comarca do Ribeiro, entre os que destaca o RibeiroBlues WineFestival que se celebrará o 9 e 10 de agosto e que este ano celebrará xa a súa sexta edición. Un festival no que o viño do Ribeiro marida coa mellor música blues.

Poesía, maxía e viño en Castrelo de Miño, é un novo evento cultural que se consolida con esta segunda edición e que pretende harmonizar o viño do Ribeiro, coa poesia e a maxia.

Deja un comentario