Xoves 22 de Agosto de 2019

O acceso de vehículos á rúa Lamas Carvajal e á praza do Correxidor, cortado desde este martes polo inicio das obras de reposición do pavimento


 

Polos lugares de traballo só será posible acceder a pé

 

Os traballos de reposición do pavimento nas rúas Lamas Carvajal e na praza do Correxidor e rúa de San Francisco, que comezarán mañá martes, 21 de maio, obrigan ao Concello a cortar o acceso de vehículos durante esta semana. A Policía Local colocará valados para impedir o tráfico, que permanecerán até a finalización das obras, prevista para o venres 24 de maio ás 15:00 horas.

Durante a realización das obras de reposición, os peóns poderán seguir transitando por estas céntricas rúas da cidade. Desde o Concello de Ourense prégaselle comprensión á cidadanía no período que duren estas actuacións, e desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

Deja un comentario