Domingo 16 de Xuño de 2019

A Deputación de Ourense edita o libro La música medieval en Celanova


 

Manuel Baltar presentou hoxe na vila de San Rosendo este manuscrito do século XII, de Manuel Rey Olleros

A Deputación de Ourense vén de editar a publicación La música medieval en Celanova, un manuscrito do século XII, que foi presentado hoxe na vila de San Rosendo polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; a organista de Celanova, María José Mosquera; e polo autor da publicación, Manuel Rey Olleros.

O presidente do goberno provincial destacou a importancia desta publicación para a “tradición cultural do noso territorio, ao ser un traballo que recupera unha parte relevante da música medieval galega”. Baltar salientou ademais, que de acordo a diversos investigadores, “trátase dun códice que procede do Mosteiro de San Salvador de Celanova e que se conserva no Mosteiro de Silos, en Burgos”.

Deja un comentario