Luns 24 de Xuño de 2019

A candidatura de Unidas Podemos-EU ao Concello de Ourense denuncia as condicións das traballadoras do Servizo de Atención Domiciliaria e aposta pola remunicipalización


Critica a inacción do actual alcalde, Xesús Vázquez, quen en ningún momento obrou para paliar as insuficiencias do Servizo nin a favor dos lexítimos dereitos das traballadoras, e si en interese da empresa concesionaria.

A sé de Podemos Ourense foi hoxe o escenario dun encontro entre as representantes do comité de empresa das traballadoras e traballadores do Servizo de Atención Domiciliaria (Acyrl) do Concello de Ourense con membros da lista para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio de Unidas Podemos – EU, encabezada por David Alvarado Roales.
As representantes do comité de empresa, composto por integrantes dos diferentes sindicatos (CCOO, UXT, CIG), expuxeron con detalle a súa situación laboral, denunciando a actitude do Concello de Ourense e do seu actual alcalde, Xesús Vázquez, quen en ningún momento obrou para paliar as insuficiencias do Servizo nin a prol da defensa dos lexítimos dereitos e dignidade profesional das traballadoras, actuando sempre segundo o interese da empresa concesionaria.

As principais reivindicacións destas traballadoras son a municipalización do Servizo de Atención Domiciliaria, para a mellora da súa calidade e a adecuación dos custos; a actualización do IPC nos salarios dende 2015, dado que a día de hoxe o seu e o máis baixo das cidades galegas; e a fin da precariedade laboral e da inxente cantidade de contratacións eventuais, algunhas delas de menos de 24 horas á semana.
Do mesmo modo, reclaman respecto ao convenio laboral, cumprindo cos descansos na xornada, os festivos, os sistemas de desconto horario e a adecuación da actividade ás funcións específicas da profesión; así como a implementación dunha canle de comunicación estable coa empresa adxudicataria en caso de incidencias.
O candidato á Alcaldía de Unidas Podemos – Ourense, David Alvarado Roales, manifestou a total solidariedade da formación e dos intengrantes da lista coas traballadoras e coas as súas reivindicacións, tendo enconta a importancia crucial dun servizo deste tipo para a poboación dependente da cidade, para a que reivindica unha atención de  excelencia en consonancia con un tratamento digno dos empregados.
Neste senso, Alvarado Roales comprometeulles que, en caso de seren forza de Goberno, os integrantes de Unidas Podemos – Ourense tomarán medidas como a remunicipalización deste Servizo, o seu reforzo, a mellora das condicións de traballo das empregadas a o absoluto respecto polos lexítimos dereitos tanto dos profesionais como dos usuarios.

Deja un comentario