Mércores 10 de Agosto de 2022

Volven abrir os baños públicos da Chavasqueira logo da reforma integral e modernización das instalacións


Entre outras actuacións, colocouse un novo solo, realizáronse melloras na carpintería e sanitarios, e adaptáronse os aseos para persoas con mobilidade reducida

Os baños públicos da Chavasqueira, logo das reformas das reformas acometidas por parte da Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 36.000 euros, volven estar abertos. A reforma e modernización dos interiores deste servizo executouse de xeito que se lles dea resposta ás necesidades transmitidas polos veciños e turistas usuarios das instalacións.
Entre outras actuacións, colocouse un novo solo, realizáronse melloras na carpintería e sanitarios, e adaptáronse os aseos para persoas con mobilidade reducida.
A rehabilitación dos baños públicos da Chavasqueira súmanse ás actuacións na contorna do Muíño da Veiga e que supuxeron a transformación dos seus aseos, grazas a un convenio subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia.

Deja una respuesta