Xoves 30 de Xuño de 2022

O Concello ofértalles ás familias novas actividades de lecer saudable para gozar durante as fines de semana


 

Xogos, termalismo, rutas nocturnas e visitas guiadas unirán a nais e pais, fillas e fillos dentro do programa Ocio en familia

 

O Concello de Ourense pon a disposición das familias da cidade unha nova edición do programa Ocio en familia, con 6 actividades nas que terán a oportunidade de gozar do seu tempo de lecer en común entre nais, pais, fillos e fillas. Alimenta a saúde, Xogos parta compartir, Mira Ourense con outros ollos, Os Camiños da auga e A luz da lúa son as seis propostas, que se desenvolverán durante as fins de semana, desde o 25 de maio ate o 15 de xuño. As familias poden recibir máis información ou inscribirse na Concellería de Sanidade, rúa Vasco da Ponte nº1, 988510622

«Ocio en familia» e un programa de carácter preventivo que quere ofrecer a posibilidade as familias de gozar dun tempo de lecer san, alternativo e divertido, que facilite a conciliación familiar durante as fins de semana. Tenta tamén darlle resposta ao desexo de nenas e nenos de pasar máis tempo con nais e pais cun ocio saudable.

En «Ocio en familia» poderase gozar de actividades para toda a familia nas que se pode descubrir a nosa cidade, practicar deporte e compartir diferentes obradoiros potenciando a curiosidade dos rapaces dun xeito lúdico

Poderán participar familias de Ourense con fillos e fillas de ata 14 anos. Hai 50 prazas por actividade, coa posibilidade de inscribirse en cada unha delas ou en todas ata o día 16 de maio.

25/5/2019 ALIMENTA A SAÚDE (10:00 a 13:00 horas): Compartir coa rapazada a preparación dun menú para toda a semana con produtos da época e de proximidade visitando o rianxo da nosa praza de abastos.

26/5/2019 XOGOS PARA COMPARTIR (10:00 a 13:00 horas): Retomar os xogos de sempre compartíndoos coa cativada, para favorecer a comunicación nun ambiente lúdico e o aire libre competindo coas demais familias para favorecer un bo proceso de socialización

2/6/2019 MIRA OURENSE CON OUTROS OLLOS (10:00 a 13:00 horas): Percorrer a zona antiga da cidade con visita guiada á catedral, os panteóns de galegos ilustres no cemiterio, o claustro de San Francisco e o museo arqueolóxico, e rematar a visita no museo do ferrocarril onde a rapazada poderá gozar de viaxes non mini trens da Asociación Carrileiros de Foula.

OS CAMIÑOS DA AUGA (10:00 a 13:00 horas): Aproveitando os recursos termais que ofrece a nosa cidade se realizará unha ruta para coñecelos.

9/6/2018 A LUZ DA LÚA 15/6/2018 (10 a 12): Percorrido nocturno guiado polos arredores da cidade para observar a estrelas ou simplemente para mirar a cidade dende a altura.

Con estas actividades perséguense como obxectivos mellorar o potencial educativo das familias dun xeito lúdico, previr condutas de risco cun ocio san, potenciar a comunicación entre a totalidade de integrantes das familias. Tamén se dan alternativas de lecer tanto culturais coma lúdicas para rendibilizar o tempo en común.

Deja una respuesta