Xoves 22 de Agosto de 2019

O Concello aproba o proxecto de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa do Lixo, que suporá un aforro dun 10% no importe dos recibos


O alcalde Jesús Vázquez, salienta que “é un primeiro paso moi importante para acadar esa redución nos recibos e que beneficiará directamente ao peto dos ourensáns e ourensás”

O Concello de Ourense aprobou o proxecto de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa do Lixo, que suporá un aforro de 200.000 euros anuais para os contribuíntes da cidade. “É un primeiro paso moi importante para acadar que os recibos da taxa do lixo se reduzan un 10% e que beneficiará directamente ao peto dos ourensáns e ourensás”, explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local celebrada este xoves.
O rexedor confirmou que agora ábrese un período de dez días para que os partidos políticos presenten as súas emendas a este proxecto. A redución practicaríase, en cada un dos recibos que se emita, no padrón do último bimestre do exercicio. No caso de non ser posible, realizarase no primeiro bimestre do exercicio seguinte.
Este asunto, da Concellería de Recursos Humanos, foi unha das cuestión foi Na Xunta de Goberno local tratáronse 17 asuntos achegados por diferentes concellerías e servizos municipais. Ademais, fóra da orde do día aprobáronse os pregos técnicos e de condicións administrativas para contratar os servizos de luz e son; así como os de escenarios e infraestruturas para as próximas Festas de Ourense. Ambos os dous apartados contarán cun investimento de preto de 140.000 euros (44.000 euros, luz e son; 95.358,18 euros, infraestruturas e escenarios).
Na Avogacía Consistorial tratáronse (8) un emprazamento e sete sentenzas.
O Concello foi emprazado no procedemento interposto por unha empresa en relación coas obrigas do pago dun proxecto de acondicionamento nunha rúa.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou tres sentenzas favorables aos intereses do Concello. Desestimou un recurso de apelación contra un Auto do Xulgado do Contencioso Administrativo 1 de setembro de 2018 (que determinaba o importe da liquidación das cargas de urbanización nunha parcela, nas traseiras das dependencias da Policía Local); e outro en contra dunha sentenza (febreiro 2017) que non admitía unha petición de concesión de prórroga para rehabilitar un edificio. Por último desestimou o recurso dunha traballadora interina, e confirma unha sentenza previa de 2018.
Pola súa banda, o Contencioso Administrativo 1: desestimou un recurso interposto por ADIF contra unha resolución do Concello, que lle instaba a reforzar un talud; e inadmitiu o recurso dun particular en materia de Plusvalías.
Por último, o Contencioso Administrativo 2 deu conta dunha sentenza en materia de responsabilidade patrimonial e o Xulgado do Social, desestimou a demanda dun ex traballador interino que reclamaba un posto de indefinido fixo.
En Licenzas Urbanísticas, de Actividade, Apertura e Disciplina concedéronse licenzas de obra para a construción dun muro de contención de terras e para a demolición dun edificio. Asemade, a XGL tomou coñecemento do troco de titular da licenza urbanística de obra para a demolición dun edificio e para a construción dun novo inmoble na mesma parcela.
En Aperturas concedeuse licenza de obra e actividade para acondicionar un local para café-bar.
No Servizo de Planeamento, Xestión Urbanística e Patrimonio (2). Estimouse parcialmente unha reclamación de responsabilidade e desestimouse outra.
E por último na Concellería de Recursos Humanos, desestimouse un recurso de reposición que solicitaba o abono da produtividade no período de vacacións.

Deja un comentario