Domingo 16 de Xuño de 2019

Manuel Baltar recibe aos representantes da Fundación do Campo Galego


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos máximos representantes da Fundación do Campo Galego: Ángel Jove González, da Fundación “Jorge Jove”; Manuel Iglesias Pérez, do museo do Campo e a Mecanización, e Jesús Combarro, director de Abanca Agro, entidade tamén integrada no padroado da Fundación do Campo Galego, quen lle expuxeron ao presidente Baltar os obxectivos desta fundación, con sede en Silleda e vocación autonómica, que nace coa finalidade de apostar polo rural galego.

O presidente do goberno provincial amosou “a total dispoñibilidade” para que a Deputación de Ourense forme parte desta organización “que enlaza directamente cunha liña de actuación política da institución provincial”, dixo Baltar, e convidou á Fundación do Campo Galego “a integrar o futuro Observatorio Internacional do Medio Rural, que a Deputación de Ourense está a impulsar coa colaboración da Universidade de Vigo para converter o territorio ourensán nun referente internacional e de vangarda no ámbito do rural”, expresou Manuel Baltar.

Deja un comentario