Luns 27 de Maio de 2019

Terceiro roubo de cable de iluminación pública municipal en Palmés no transcurso dun mes


 

Na mesma zona subtraeran 500 metros de cable o pasado 25 de marzo e outros 200 o 15 de abril

 

A infraestrutura de cable para alumeado público do Concello de Ourense sufriu, unha vez máis, un asalto vandálico co roubo de 50 metros de cable na zona de Palmés, o terceiro no transcurso dun mes logo de que subtraeran 500 metros de cable o pasado 25 de marzo e outros 200 o 15 de abril. Desta vez, a valoración económica dos danos ascende a 150 euros, que sumados aos anteriores suman 5.250 euros.

Os feitos, denunciados polo Servizo Eléctrico Municipal en Comisaría, ocorreron o pasado venres 19 de abril na pista de Prado Bo, entre Palmés e Amoeiro, deixando sen luz a boa parte da veciñanza durante esta ponte.

Desde o Concello de Ourense ordenouse a reparación inmediata da infraestrutura.

Deja un comentario