Martes 23 de Abril de 2019

O Concello inicia a posta en marcha do proxecto de turismo intelixente que converterá a Ourense nun destino smart


O alcalde, Jesús Vázquez Abad, os concelleiros de Promoción Económica e Servizo de Información, Jorge Pumar e Miguel Prado, respectivamente, e os técnicos municipais implicados neste proxecto mantiveron  unha reunión cos directivos de Red.es Arturo Rodríguez e David Crespo

 

O Concello inicia a posta en marcha do proxecto de turismo intelixente que converterá a Ourense nun destino smart. Así, o alcalde, Jesús Vázquez Abad, os concelleiros de Promoción Económica e Servizo de Información, Jorge Pumar e Miguel Prado, respectivamente, e os técnicos municipais implicados neste proxecto mantiveron hoxe unha reunión cos directivos de Red.es Arturo Rodríguez e David Crespo.

O Concello asumirá o 40% do orzamento deste proxecto, e o resto correrá a cargo da Entidade Pública Empresarial Red.es, dependente da Secretaría de Estado para la Sociedad de la Información y la Agenda Digital.

Este proxecto lévase a cabo grazas a un convenio de colaboración que foi aprobado no Pleno do Concello o pasado 28 de decembro, e saiu adiante cos votos a favor do Goberno Municipal do PP, do Grupo Municipal Socialista e de Ourense en Común. DO, pola contra, emitira voto en contra dun proxecto que contempla, entre outros moitos asuntos, a mellora integral da iluminación do paseo termal, algo moi demandado polos milleiros de persoas que transitan a diario por esta zona.
A aprobación de pleno foi un trámite necesario para a posta en marcha deste proxecto que será financiado nun 60% por Red.es en un 40% polo Concello de Ourense e que, entre outros puntos, permitirá crear unha plataforma que ofreza información a turistas e a cidadáns así como aproveitar as novas tecnoloxías para impulsar a oferta pública e privada en materia turística.

O proxecto presentado polo Concello de Ourense foi o único dunha cidade galega seleccionado na última convocatoria do Plan Nacional de Territorios Intelixentes da Axenda Dixital para España.

Deja un comentario