Martes 23 de Abril de 2019

O Ateneo de Ourense ten organizado para o hoxe, día 20, mércores, ás 20:00 horas: Conferencia: “As orixes da fotografía e os fotógrafos composteláns en Ourense, por Carlos Castelao (fotohistoriador)


 

(Na sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso 30).

A conferencia versará sobre:

«Daremos unha rápida ollada á situación da fotografía galega nos seus primeiros anos, trazando un panorama dos seus principais fotógrafos, mais tamén das características que foron definindo á fotografía en cada momento. Deterémonos especialmente naqueles fotógrafos composteláns que mantiveron unha relación con Ourense. É o caso de Carlos García, María Cardarelly, Manuel Chicharro, Jesús Varela, Ernesto Carrero, Patricio Bocconi, Ricardo Otero, Miguel González Amor ou Luis Ksado. Algúns estiveron establecidos en ambas cidades, ou ben practicaron a ambulancia. Outros naceron aquí, ou residiron na súa infancia. A vida de moitos deles está chea de claroscuros e anécdotas sorprendentes. Así, tentaremos comprender a través das súas historias os problemas aos que se enfrontou a considerada octava arte nas súas primeiras décadas».

«Carlos Castelao leva máis de vinte anos na investigación e análise da fotografía histórica. Está especializado en deltioloxía (é dicir, o estudo das tarxetas postais) e en fotografía do século XIX en Galicia. Conta con diversas publicacións nestes eidos, entre as que podemos salientar “María Cardarelly, un lóstrego na fotografía galega” (2017), “Escenas de un escalatorres” (2018), “Luis Casado en Ourense” (2019) e, a que é a súa última publicación, “As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX” (2018, Consorcio de Santiago / Alvarellos Editora), no que ven de realizar sorprendentes achados sobre a fotografía da nosa comunidade».

Deja un comentario