Domingo 26 de Maio de 2019

O PP quere unha aprobación do PXOM “ilegal, sen validez nin seguridade xurídica, co único fin de contentar aos especuladores”


O Partido Popular busca aprobar o PXOM “en solitario e con todos os informes en contra”

“Alarmante e de extrema gravidade”. Así cualificaba Ourense en Común as intencións do PP para o PXOM, logo de que o edil responsable de urbanismo fixera xa público o proceder que ten artellado para seguir o proceso de aprobación do Plan urbanístico sen pasar polo pleno e saltándose o informe do Interventor, que “estará rematado nuns días e estamos seguras de que sería igual de demoledor que o da secretaría municipal”.

Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo, denuncia ao Partido Popular pola “irresponsabilidade de cometer os mesmos erros, e abrir de novo as portas a que o documento sexa recurrido perante a xustiza, como xa aconteceu co de 2003, do propio Partido Popular”.

O grupo apunta ao actual edil de Urbanismo, Jesús Cudeiro, que tamén o era co goberno de Manuel Cabezas como “o gran responsable de que Ourense teña a día de hoxe un plan do ano 1986” e engaden que “quere volver a facelo, quere devolver a xestión urbanística da cidade aos especuladores inmobiliarios. Tuneou o PXOM, introduciu centos de modificacións, con aumentos salvaxes no aproveitamento lucrativo do chan, e agora vai aprobalo facendo trampas, de costas aos grupos da corporación, de costas á cidadanía e poñendo a Ourense nun futuro urbanístico incerto, inseguro, problemático e ilegal”.

Deja un comentario