Venres 22 de Marzo de 2019

O concelleiro de Promoción Económica alerta sobre as mentiras verquidas por Ourense en Común


 

Jorge Pumar afirma categóricamente que “Minten. Como se nota que lles encanta terxiversar as cousas a Ourense en Común en época pre electoral”

 

O concelleiro de Promoción Económica alerta sobre as mentiras verquidas por Ourense en Común no día de hoxe mediante un comunicado. De feito, Jorge Pumar afirma categóricamente que “Minten. Como se nota que lles encanta terxiversar as cousas a Ourense en Común en época pre electoral”

“Está claro que non se deben falar moito entre Montse Valencia e Martiño Vázquez, xa que este último estivo presente na xunta de área deste martes pasado onde se lles deu toda a información desta convocatoria a todos os grupos políticos presentes, non quedando ningunha dúbida ao respecto”, sinala o concelleiro de Promoción Económica

“Falan de 100 mil euros que se renuncia. Algo que é mentira, xa que como se demostrou, a axuda que tivo este Concello no ano 2016, da Xunta de Galicia para esta mesma acción foi do 80% do proxecto presentado (23.494,97 €), é dicir 18.797,56 €, non 100 mil euros”, explica Jorge Pumar.

Os motivos de non optar a esta convocatoria de axudas, tal e como se explicou en xunta de área, son as seguintes:

1.- Dita axuda non pode ser solicitada polo Concello de Ourense solo, senón que ten que ser unha agrupación de concellos.

2.- Informe de técnicos municipais desaconsellando a solicitude de dita axuda debido as repercusións e obrigas que acollería o Concello de Ourense respecto os demais concellos e a escasa demanda existente neste tipo de proxectos. Demanda que está sendo informada, asesorada e apoiada por diferentes proxectos de emprendemento que se están a levar a cabo dende a Concellería de Promoción Económica, creando un ecosistema emprendedor na cidade de Ourense, con novedosas ferramentas para o apoio ao emprendemento.

Por último, o concelleiro de Promoción Económica convida aos concelleiros de Ourense en Común a que se informen sobre emprendemento acudindo mañá á xornada que o Concello de Ourense desenvolverá en La Molinera conxuntamente coa Xunta, Igape e Adercou de información e asesoramento de axudas ao emprendemento.

Deja un comentario