Domingo 26 de Maio de 2019

O espazo termal de Muíño da Veiga permanece pechado polas variacións no caudal do río Miño


 

O Concello de Ourense aconsella seguir as indicacións na zona termal, que acoutan o espazo con balizas por motivos de seguridade

 

As variacións do caudal do río Miño pola apertura de comportas na estación de bombeo de Oira están a provocar o anegamento periódico das termas do Muíño da Veiga. Por este motivo, a Concellería de Turismo e Termalismo sinalizou a zona afectada co gallo de prohibir o acceso das persoas. O Concello de Ourense aconsella seguir as indicacións na zona termal, que acoutan o espazo con balizas por motivos de seguridade.

Deja un comentario