Sábado 25 de Maio de 2019

Rosendo Fernández destaca o labor de Alcer Ourense, na presentación das actividades do Día Mundial do Ril 2019


 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel”, na presentación do programa de actividades con motivo do Día Mundial do Ril que neste 2019 se celebrará baixo o lema “Salud renal para cualquier persona en cualquier lugar”. Rosendo Fernández dixo que a celebración deste día “contribúe a visibilizar un problema de saúde público en España pois o 9 % da poboación sufre algún grao de insuficiencia renal crónica”, salientando o labor que realiza a asociación Alcer Ourense no ámbito social e sociosanitario na nosa provincia, e sinalou que “España está na elite mundial en doazóns e transplantes por tres razóns: a solidariedade dos cidadáns, o nivel dos profesionais sanitarios e polo apoio á divulgación e concienciación que existe neste tema”.

No acto de presentación tamén participou a concelleira de Asuntos Sociais de Ourense, Sofía Godoy; a secretaria de Alcer Ourense, María Luz Grande; a traballadora social de Alcer Ourense, Carmen Dorado; e en representación da Unión Deportiva Ourense, Ángel Muñoz, que colaborará na celebración de mañá coa entrega de camisetas asinadas de diferentes clubs de fútbol para a súa venta para colaborar con esta causa.

A secretaria de Alcer Ourense dixo que os obxectivos deste día son “a prevención e visualización das enfermidade que creceu ao 30% nos últimos dez anos, dar a coñecer as causas da enfermidade para prevelas, así como reivindicar diferentes aspectos vencellados con esta doenza”. Neste sentido, Sofía Godoy salientou o traballo diario que realiza Alcer Ourense “desde o punto de vista preventivo e asistencial”.

En canto ás actividades organizadas na provincia de Ourense, Carmen Dorado dixo que estará unha carpa informativa na rúa do Paseo desde as 10.00 ás 14.00 horas e desde as 16.00 ás 20.00 horas, con persoal de enfermería para medir a tensión, a glucosa e o peso dos que queiran achegarse ata a carpa que será inaugurada ás 11.00 horas. Ademais haberá unha mesa informativa na entrada do hospital Cristal. Na provincia de Ourense –dixo Carmen Dorado- existen actualmente 220 persoas en tratamento de diálise e 117 socios en Alcer Ourense.

Deja un comentario