Sábado 25 de Maio de 2019

Recepción de Manuel Baltar a profesoras alemás interesadas no sistema educativo español


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu a dúas profesoras de Brunswick (Alemaña), Nicole Bartels e Simone Schepl, que están de visita na nosa provincia no marco do programa Erasmus + que organiza o colexio Padre Feijoo-Zorelle para “coñecer as peculiaridades do sistema educativo español e galego, os seus programas de innovación educativa, así como os programas de inclusión educativa, durante a súa estancia de observación que dura cinco días”, explicou Manuel Baltar.

Na reunión, á que asistiron acompañadas pola coordinadora de programas europeos do colexio Padre Feijoo-Zorelle e pola secretaria do equipo directivo, Bea Nieto e Eva Pousa, o presidente da Deputación de Ourense explicoulles as particularidades e bondades turísticas que ofrece a nosa provincia, así como “as vinculacións que temos desde Ourense con organizacións internacionais, das que tamén forman parte algunhas organizacións alemás, como poden ser Partenalia, a propia Rede Termal Europea, en definitiva, sobre cuestións que teñen que ver co traballo en rede que está tamén en auxe no ámbito educativo”, dixo o presidente do goberno provincial.

Ao longo destes días, as profesoras observarán clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Así mesmo, terán entrevistas en inglés con profesores e alumnos da ESO para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Ourense e en Alemaña e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.

Deja un comentario