Xoves 30 de Xuño de 2022

As actividades do centenario da Xeración Nós incluirán unha exposición e un congreso internacional sobre a cultura galega


 

Manuel Baltar e Román Rodríguez presidiron a xuntanza plenaria celebrada no centro cultural “Marcos Valcárcel”, para coordinar os actos que se desenvolverán para conmemorar esta efeméride

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, presidiron no centro cultural “Marcos Valcárcel”, unha xuntanza plenaria que está a coordinar as actividades que se celebrarán para conmemorar o centenario da Xeración Nós, no ano 2020, e na que tamén participaron representantes de diversas administracións e entidades culturais galegas.

Manuel Baltar destacou a “máxima disposición” da Deputación de Ourense para colaborar “neses dous grandes proxectos que terán un importante protagonismo en Ourense”, e ao redor destas dúas grandes iniciativas, xurdirán outras novas para conmemorar este momento tan importante, “os cen anos da aparición da Revista, dunha Xeración que alumeou o pensamento político galeguista”, engadiu o presidente do goberno provincial.

No encontro, os representantes institucionais avanzaron na planificación do programa de actividades previsto para conmemorar esta efeméride entre as que se atopa a organización dunha gran e ampla exposición sobre a Xeración Nós que se inaugurará no ano 2020, na Cidade da Cultura. Esta mostra terá ademais unha itinerancia completa en Ourense.
Outra das actividades que se celebrarán con motivo desta homenaxe será un congreso internacional sobre a cultura galega. Unha cita que a Xunta de Galicia propón que se celebre en Ourense e que servirá para actualizar o legado da Xeración Nós e reflexionar sobre os principais retos e desafíos que terá que afrontar a cultura galega nos vindeiros anos.

Deja una respuesta