Venres 14 de Agosto de 2020

O Concello aprobou informar favorablemente sobre a renovación das tarifas do servizo de autotaxi da cidade, que conta cun total de 106 licenzas


Os prezos non se actualizaban dende o ano 2014 e contemplan unha subas situadas entre o 1,5 e o 2%, segundo o horario e día da semana

O Concello de Ourense aprobou informar favorablemente sobre a renovación das tarifas do servizo de autotaxi da cidade, que conta cun total de 106 licenzas, que lle serán remitidas á Comisión de Prezos de Galicia para a súa autorización e aprobación definitiva, unhas tarifas que non se actualizaban desde o ano 2014 e con subas situadas entre un 1,5% e un 2% segundo o horario e o día da semana. Así o confirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a rolda de prensa na que deu conta dos 17 asuntos aprobados este xoves en Xunta de Goberno Local.
En Avogacía Consistorial (5) deuse conta de dúas comparecencias, dúas sentenzas e un auto.
O auto, ditado polo Tribunal Supremo está relacionado coa ocupación temporal dos terreos emprazados no Polígono SU-25 (traseiras do Campus). O Supremo admite a trámite o recurso da empresa Casas Ourense. O auto dilucidará e resolverá os criterios legais que terán que ser considerados para fixar as indemnizacións que proceda aboar pola ocupación dos terreos de ditas parcelas, consecuencia dunha decisión do anterior grupo de goberno en febreiro de 2011.
O Concello deberá comparecer no procedemento interposto por un particular en relación á solicitude de que axustase as obras dun edificio a licenza urbanística que lle fora concedida e para que non o ocupase. Tamén nun procedemento dun traballador do Servizo de Extinción de Incendios que reclama percibir en vacacións o plus de festividade e nocturnidade.
A primeira sentenza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, desestima unha reclamación de Viaqua e confirma a sentencia de primeira instancia que determina que a responsabilidad e para reparar un colector deteriorado correspondelle á empresa. A segunda sentenza tamén da a razón ao Concello nun asunto de Persoal.
Licenzas (7). Concedéronse tres licenzas para vivendas unifamiliares: dúas, para a súa rehabilitación e ampliación; e a outra para a legalización das obras acometidas noutra casa. Tamén se concederon licenzas para a legalización dunha obra nunha terraza; para a segregación dun local e para a instalación de ascensores en dous edificios da cidade.
Contratación (3). Aprobouse o expediente para contratar en lotes o servizo de conservación, reparación verificación e substitución de pezas en 11 equipos de impresión do Concello (por preto de 9.000 euros); e a adxudicación dos contratos de subministración, renovación e mantemento de licenzas de programación (preto de 37.000 euros). Declarouse deserto o procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia, atención e control do baño termal de As Burgas, e manexase a posiblidade de levar a cabo un procedemento de negociado aberto.
Por último en Cultura (1) aprobáronse as bases da convocatoria do concurso para o deseño do cartel dos Maios 2019, que contará cun gasto de 800 euros.

Deja una respuesta