Domingo 15 de Decembro de 2019

O Concello lanzará unha oferta de emprego público que incluirá como mínimo 136 prazas vacantes


A concelleira de Recursos Humanos adiantou que a oferta cubrirá 32 prazas en Policía local, 11 de Extinción de incendios, 32 prazas de persoal interino e 36 postos ocupados por laborais indefinidos

 

O Concello de Ourense ultima a convocatoria dunha oferta de emprego público que incluirá como mínimo 139 prazas en diferentes servizos municipais. Así o anunciou a concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure.

A edil avanzou a folla de ruta que o goberno municipal prevé desenvolver para avanzar neste proceso. Así, a semana próxima, convocará aos sindicatos con representación no Concello de Ourense á mesa de negociación. A ela acudirá o goberno municipal coa proposta de negociar unha oferta pública de emprego que incluirá como mínimo 136 vacantes, segundo asegurou Flora Moure, que se cubrirán por sistema de oposición e por concurso oposición. Entre estas prazas atoparanse:

36 prazas de persoal indefinido que entrou no Concello a través de sentenza xudicial, e que a Lei de función pública do ano 2015 esixe que saian na próxima oferta de emprego público.
32 prazas que lle corresponden á Policía local.
11 prazas correspóndenlle ao Servizo de extinción de incendios. Estas se poderían ampliar a 15 unha vez rematados procesos de promoción internos.
32 prazas de persoal interino, que entrou no Concello na etapa do anterior goberno municipal.
25 prazas que quedaron vacantes por xubilacións de persoal de administración xeral e especial)

Segundo explicou a concelleira, nesta oferta non se inclúe a promoción interna.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salienta que esta oferta de emprego “”é unha importantísima noticia. Xa que supón dar un primeiro paso fundamental para poñer fin á necesidade de persoal que nos atopamos á nosa chegada ao Concello”.

O rexedor insistiu en que esta oferta de emprego público “vai permitir dar resposta ás necesidades da nosa cidadanía, pero tamén cubrir parte da necesidade de persoal en departamentos fundamentais como a Policía Local ou o servizo de extinción de incendios, que para nós sempre foi prioritario cubrir”.

Paralelamente, o goberno municipal segue a avanzar na relación de postos de traballo. Así, o pasado 21 de febreiro, a mesa de negociación cos representantes sindicais do Concello deu luz verde para que continúe o seu trámite para ser aprobada definitivamente.

O 42% dos delegados sindicais votaron a favor da proposta (SAP e CSIF); un 34% emitiron voto en contra (SPPME, CCOO e USO) e un 23% abstivéronse (CIG e UGT). Na Mesa de Negociación aprobáronse un total de 43 alegacións, das 84 presentadas á nova RPT do Concello, que será aprobada definitivamente en Xunta de Goberno Local.

Deja un comentario