Venres 19 de Xullo de 2019

Música e poesía para celebrar o Día de Rosalía de Castro no Pazo Provincial


 

O vicepresidente da Deputación de Ourense recibiu, no Salón de Plenos, a alumnos dos colexios de Carmelitas, Franciscanas, Maristas, Josefinas e Salesianos

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a trinta alumnos de colexios de Escolas Católicas de Ourense, que visitaron a institución para celebrar o Dia de Rosalía de Castro, nun acto conxunto no que alumnado de Carmelitas, Franciscanas, Maristas, Josefinas e Salesianos, acompañados polos seus docentes, foron os encargados de lembrar con música e poesía á autora homenaxeada, na data do seu nacemento.

Rosendo Fernández felicitou aos organizadores desta iniciativa, que contribúe a lembrar a figura dunha galega ilustre que nacía un 24 de febreiro do ano 1837, e salientou a importancia de realizar esta actividade, “que pon en valor e difunde o legado cultural de Rosalía entre os mozos ourensáns”, e animounos a que continúen a celebrar esta data, “e que mellor lugar para facelo que na casa de todos os ourensáns, a Deputación de Ourense”.

Deja un comentario