Luns 03 de Agosto de 2020

370 alumnos de Educación Primaria da cidade de Ourense participaron nos obradoiros para preparar o Entroido 2019


 

A Concellería de Educación desprazou profesorado aos centros de ensino públicos que solicitaron esta actividade con todo o material necesario para a confección dos mecos de compadres e de comadres

 

O Concello de Ourense comezou coas celebracións do Entroido 2019 a través de obradoiros en centros públicos de ensino da cidade e que preceden á celebración dos xoves de compadres e de comadres, que se celebrarán os xoves 21 e 28 de febreiro, respectivamente, na Praza Maior.

Estes días previos, monitores e monitoras especializadas da Concellería de Educación desprázanse aos centros de ensino que solicitaron esta actividade levando todo o material necesario para a confección dos mecos de compadres e comadres en sesións de 90 minutos.

Este ano participan un total de 370 alumnos e alumnas de 1º a 4º curso de Educación Primaria de 8 centros de ensino da cidade, os CEIP As Mercedes, CPR Maristas, CEIP O Couto, CPR San José, CEIP Mestre Vide, CEIP Irmáns Villar, CEIP Manuel Sueiro e CEIP Virxe de Covadonga.

Cos mecos elaborados nestes obradoiros, o alumnado participará nas tradicionais batallas de xoves de comadres e de compadres, que terán lugar a partir das 11:30 horas.

Deja una respuesta