Xoves 25 de Abril de 2019

O Goberno Municipal reúne a todos os representantes sindicais dos bombeiros e informa sobre o estado de cada procedemento


 

O alcalde e os concelleiros de Persoal e Seguridade Cidadá mantiveron esta mañá un encontro de traballo onde se analizaron todas as dúbidas respecto aos diversos procesos en marcha para opter máis persoal nesta área

 

O Goberno Municipal reuniu esta mañá a todos os representantes sindicais do Corpo de Bombeiros coa finalidade de informarlles sobre o estado de cada un dos procedementos administrativos en marcha que afectan a este colectivo profesional.

Así, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e os concelleiros de Persoal e Seguridade Cidadá, Flora Moure e Carlos Campos, respectivamente, tamén asistiron a esta reunión de traballo, onde se abordaron cuestións como a comarcalización, as recentes compras de material para dotar a este Servizo ou os fondos de Unespa, que estarán habilitados este ano unha vez reincorporados os remanentes.

No tocante á dotación de persoal, informouse que no procedemento para dotar a este Corpo dunha praza de cabo, xa está constituido o tribunal para este fin, o mesmo que para unha praza de promoción interna. Para unha praza específica de sarxento, dado que dous membros do tribunal nomeado decidiron absterse, está pendiente unha resolución ao respecto.

No que respecta á posibilidade de convocar 11 prazas de bombeiros interinos, que contribuirían a dotar de máis persoal a este Servizo, actualmente estase en fase de resolución de discrepancias, e as previsións apuntan a que neste mes aprobarase a convocatoria e será enviada para a súa publicación no boletín oficial.

Deja un comentario