Luns 27 de Maio de 2019

A Ponte do Milenio sofre desfeitas por valor de 800€


 

Os vándalos estragaron tres estruturas de metacrilato e outras tantas pantallas de alumeado fluorescentes na estrutura peonil

 

A estrutura peonil da ponte do Milenio, na parte que mira cara á cidade, apareceu esta mañá con estragos en tres estruturas de metacrilato e noutras tantas pantallas de alumeado fluorescentes. Malia non existir perigo para os usuarios desta pasarela, os Servizo Eléctrico do Concello de Ourense arranxará a desfeita, froito dun acto vandálico, esta mesma tarde.

Os danos valóranse en 800 euros.

Deja un comentario