Martes 22 de Setembro de 2020

A Concellería de Asuntos Sociais fai balance das actividades de cooperación e solidariedade no Centro Cívico de Colón


Un proxecto en Guatemala promove unha educación integral en sexualidade en centros educativos do municipio de Chinautla

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, presidiu esta mañá, no Centro cívico de Colón, unha xuntanza entre o Concello de Ourense e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para facer balance e marcar as estratexias futuras das entidades da nosa cidade e provincia. A cita enmárcase nos encontros da Rede Municipalista Solidaria (RMS) que teñen lugar nas catro provincias galegas entre o 21 e o 24 de xaneiro, e reuniu o persoal técnico da área social dos respectivos concellos convocados: Verín, Viana do Bolo, San Cibrao… e Ourense, que exerce como anfitrión da RMS.
Para a responsable de Asuntos Sociais, “este tipo de encontros serven para ter conciencia das desigualdades do mundo e achegar, na medida das nosas posibilidades, o noso pequeno gran de area como sociedade”, dixo.
A secretaría técnica da RMS fixo balance dos proxectos de desenvolvemento apoiados en países empobrecidos ao longo de 2018, así como das actividades implementadas por deputacións e concellos socios para concienciar fronte ás desigualdades. Ao mesmo tempo, presentáronse as accións para o ano en curso, recollendo as achegas das participantes. A sesión abriuse cun repaso ao plan de actividades do pasado exercicio.
Xunto ás representantes municipais, a xuntaza contou con representantes da Fundación Pedro Poveda e de InteRed, entidades coas que se leva a cabo un proxecto en Guatemala para promover unha educación integral en sexualidade en centros educativos do municipio de Chinautla.
Estas reunións do primeiro semestre están enfocadas á avaliación das actividades de 2018 e á planificación para 2019, explicando as diferentes propostas para facilitar a xestión e a divulgación dos programas entre a cidadanía, ben a través de charlas coloquios ou de actividades culturais.

Deja una respuesta