Venres 14 de Agosto de 2020

Medio Rural colaborará co concello de Melón na mellora da xestión de terras para a súa recuperación e posta en valor


Na xuntanza, á que tamén asistiu o director xeral de Desenvolvemento Rural, a rexedora fixo entrega á Consellería de sinaturas de veciños que solicitan estas actuacións

A Consellería do Medio Rural e o concello de Melón colaborarán na mellora da xestión das terras, especialmente dos terreos forestais, para a súa recuperación e posta en valor. Así o acordaron o conselleiro José González e a alcaldesa deste municipio ourensán, María Cristina Francisco, nunha xuntanza de traballo en San Caetano.

Na reunión, á que tamén asistiu o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, a alcaldesa fixo entrega ao conselleiro de diferentes sinaturas de veciños para solicitar estas actuacións, relacionadas coas políticas de Medio Rural para o impulso á creación de riqueza no agro, mediante o aproveitamento dos terreos.

Así mesmo, o encontro serviu tamén para avanzar no deseño de melloras en infraestruturas agrarias do concello. Todos estes aspectos, sinalou o conselleiro, terán encaixe na futura lei de recuperación e posta en valor de terras agrarias de Galicia, actualmente en elaboración e que está previsto que entre en vigor no primeiro semestre deste mesmo ano.

Deja una respuesta