
Manuel Baltar e Francisco Fumega asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambas administracións que permitirá desenvolver esta actuación para a cal a institución provincial destina unha axuda de preto de 48.000 euros
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega asinaron hoxe no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ambas administracións que permitirá levar a cabo o acondicionamento da pista Torrón-As Caldas de Partovia e a mellora de accesibilidade ao balneario. Esta alianza de colaboración, a través da cal a Deputación de Ourense destina 47.983 euros, fará posible desenvolver unha obra que contribuirá “á mellora da oferta termal do municipio co acondicionamento do acceso a un dos establecementos balnearios da nosa provincia”, explicou Manuel Baltar.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.