
Manuel Baltar e Miguel Bautista asinaron hoxe, no Pazo Provincial, un convenio de colaboración entre ambas administracións, que fará posible esta actuación para a cal a institución provincial destina unha axuda de 48.000 euros
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Petín, Miguel Bautista, asinaron hoxe, no Pazo Provincial, un convenio de colaboración entre ambas institucións para o arranxo da rúa Santiago, no municipio de Petín. Este acordo de colaboración, a través do cal a Deputación de Ourense destina unha axuda de 48.000 euros, fará realidade “esta actuación que foi solicitada polo seu alcalde, Miguel Bautista, e que está recollida nos orzamentos do 2019, aprobados no pasado mes de setembro”, explicou Baltar.
No encontro, o alcalde de Petín entregoulle ao presidente da Deputación de Ourense a publicación Antoloxía: Vide, Paisaxe, Fala, autoría de Florencio Delgado Gurriarán, “unha obra que forma parte do programa de actividades que a Deputación de Ourense apoia economicamente para render homenaxe a unha figura tan senlleira das nosas Letras”, dixo o presidente do goberno provincial.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.