Sábado 26 de Setembro de 2020

A comisión informativa de Cultura abordará o outorgamento da medalla de ouro da provincia a Eligio Rivas


 

A comisión informativa de Cultura, Deportes e Mocidade celebrará mañá xoves, 17 de xaneiro, a súa xuntanza na que abordará o outorgamento da medalla de ouro da provincia ao destacado intelectual ourensán Eligio Rivas Quintas, como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria intelectual marcada polo seu carácter de traballador incansable e a súa implicación no estudo e difusión dos principais valores culturais da nosa provincia. Así mesmo, na xuntanza darase conta do acordo da Xunta de Goberno sobre a fixación de prezos de publicacións que editará a Deputación de Ourense e que van dos 6 aos 20 euros.

Na xornada de mañá tamén se celebrarán as comisións de Termalismo e Igualdade. Na comisión de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente tratarase o programa para a prestación ao Consorcio de Augas de Valdeorras de asistencia técnica, xurídica e administrativa para a xestión dos servizos municipais do ciclo urbano da auga delegados no dito consorcio.

Transparencia, Economía e Cooperación

Pola súa banda, as comisións informativas de Transparencia, Cooperación e Facenda celebrarán hoxe as súas xuntanzas no Pazo Provincial. Na comisión informativa de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural tratarase a ratificación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincial e as deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES). O obxectivo deste convenio é colaborar no desenvolvemento de ditos Grupos para completar o mapa de emerxencias de Galicia.

Outro dos asuntos a tratar na reunión será a aprobación inicial do proxecto de expropiación relativo a obra “acondicionamento da rúa Casanova, 2º tramo”, no Concello de Leiro, así como apertura dun período de información pública polo prazo dun mes.

Na comisión informativa Especial de Contas e de Facenda e Economía abordarase a modificación da base 69ª das de execución dos orzamentos provinciais en materia de indemnizacións aos empregados públicos por razóns do servizo. Asemade, na reunión tratarase a delegación do exercicio das competencias de presidencia desta comisión a favor do deputado, Rosendo Luís Fernández.

Por último, na comisión informativa de Transparencia e Administración Provincial tratarase a modificación do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario da Deputación de Ourense, en materia de acción social; así como a modificación do convenio para o persoal laboral da Deputación de Ourense, en materia de acción social.

Deja una respuesta