Xoves 22 de Agosto de 2019

A Deputación de Ourense fará realidade a construción dunha piscina infantil na área termal de Barbantes


 

O presidente do goberno provincial e o alcalde de Cenlle asinaron hoxe dous convenios de colaboración que farán posible, entre outras, esta actuación que dará “un novo pulo no desenvolvemento termal da nosa provincia e converterase nun novo atractivo turístico de Cenlle”, destacou Manuel Baltar

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, asinaron hoxe no Pazo Provincial, dous convenios de colaboración entre ambas administracións que farán posible, entre outras actuacións, a construción dunha piscina infantil na área termal de Barbantes, o que supón “un novo pulo no desenvolvemento termal da nosa provincia e converterase nun novo atractivo turístico deste municipio”, destacou Manuel Baltar.

Ademais desta nova infraestrutura, para a cal a Deputación de Ourense destina unha achega de 48.000 euros, froito da sinatura destes convenios de colaboración, realizarase tamén unha obra no parque infantil para a que destinamos unha axuda de 15.000 euros”, explicou Baltar. “Trátase de actuacións que foron demandadas no seu momento polo municipio de Cenlle, a través do seu alcalde e que, polo tanto, están incluídas nos orzamentos deste ano, que aprobamos no pasado mes de setembro, e que dotarán a Cenlle dunha nova infraestrutura en materia termal”, engadiu o presidente da Deputación de Ourense.

No encontro, o presidente da Deputación de Ourense acordou co alcalde de Cenlle, futuras actuacións conxuntas para este ano 2019 como a reforma interior, a rehabilitación enerxética e mellora da accesibilidade do centro de saúde de A Barca de Barbantes, para o cal a Deputación de Ourense destinará un investimento de preto de 34.000 euros.

Deja un comentario