Mércores 26 de Xuño de 2019

Ourense en Común chama a sumarse mañá ás mobilizacións da plataforma feminista ‘Nin un paso atrás’


Máis de sesenta asociacións do Estado español convocan concentracións este martes ante os riscos das posicións da ultradereita, contrarias aos dereitos da muller, a igualdade, e a loita contra a violencia de xénero

Ourense en Común apoiará mañá a mobilización promovida pola plataforma Nin un Paso Atrás e chama á participación de todos os ourensáns nesta reivindicación, xa que “os dereitos das mulleres son intocables e non imos calar namentres que as dereitas os cuestionen”.
Montserrat Valencia, edil do grupo, explica que aínda que a cuestión de xénero “está moi na boca de todas, queda moito por pelexar”, e alerta da ameaza das posicións da ultradereita, que “tratan con desvergonzada lixeireza o drama da violencia de xénero, queren criminalizar ao feminismo, e defenden as súas teses desde a mesma ideoloxía patriarcal que durante séculos mantivo silenciadas ás mulleres”.
Desde o grupo entenden preciso que a sociedade se manteña firme e emita unha mensaxe clara, “as políticas de igualdade e a loita contra a violencia de xénero son incuestionables e non pode haber oco nas institucións para quen dubide desto”, polo que chaman a asistir á concentración convocada pola plataforma ‘Nin un paso atrás’, mañá martes 15 de xaneiro, ás 19h diante da subdelegación do goberno.

Deja un comentario