Mércores 21 de Agosto de 2019

Unha avaría na rede de saneamento obriga a cortar a rúa Vía Vella, no barrio do Pino, os vindeiros luns e martes


 

O horario de reparación e corte ao tráfico nos días que durará a mesma será de 8:00 a 20:00 horas, abríndose ao tráfico todas as noites

 

Debido aos traballos de reparación dunha avaría na rede municipal de saneamento, deberase cortar ao tráfico a Rúa Vía Vella no barrio do Pino os vindeiros luns e martes. Os traballos realizaranse en horario diúrno o vindeiro luns e martes, días 14 e 15 de xaneiro. Deberíase cortar o tráfico a rúa Vía Vella desde o seu acceso fronte á rúa Casardomato, na N-120 (sentido Vigo), até as torres do Pino.

Tamén se deberán cortar tres accesos laterais á rúa desde a N-120. O horario de reparación e corte ao tráfico nos días que durará a mesma será de 8:00 a 20:00 horas, abríndose ao tráfico todas as noites.

Viaqua, concesionaria do servizo de auga en Ourense, informou da actuación a Urbanos de Ourense, para que procedan á modificación de paradas e rutas de bus que quedan afectadas. Sinalizarase a zona e os puntos de acceso prohibido á rúa. A Policía Local, informada desta incidencia, estará pendente do ordenamento do tráfico.

Deja un comentario