Xoves 21 de Marzo de 2019

A Deputación de Ourense e o Concello de Cortegada asinan catro convenios de colaboración para temas de Infraestruturas


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Cortegada, Avelino Luís de Francisco, asinaron hoxe no Pazo Provincial, catro convenios de colaboración entre ambas entidades, a través dos cales a Deputación de Ourense destina un orzamento total de 192.000 euros para a execución de diversas actuacións neste municipio. En concreto, o goberno provincial destina catro axudas, de 48.000 euros cada unha, para a execución da obra na pista de Refoxos, no Centro Social de Meréns, mellora de vías municipais e para a urbanización de acceso á área termal do antigo Balneario de Cortegada.

Trala reunión, Manuel Baltar salientou que os catro convenios asinados hoxe obedecen a “nosa vocación de colaboración en propostas, todas elas razoables, presentadas polo alcalde de Cortegada, e que inciden en cuestións tan importantes como as infraestruturas, en aspectos que potenciamos especialmente desde a Deputación como o termalismo”. Así mesmo, o presidente do goberno provincial lembrou que Cortegada é un “municipio termal con capacidade de iniciativa con actuacións que foron plantexadas no seu momento e que forman parte dos orzamentos do ano 2019, que aprobamos no mes de setembro de 2018, e que afondan nesa liña de cooperación entre ambas administracións, o que permite xestionar e prestar mellores servizos públicos, así como facilitar a comunicación entre núcleos de poboación e arranxar contornas de infraestruturas termais dun dos municipios máis atractivos da comarca do Ribeiro e da provincia de Ourense”.

Deja un comentario