Domingo 22 de Setembro de 2019

O Concello de Ourense agradece a colaboración ofrecida pola Subdelegación do Goberno, pese a non contar con comunicación oficial ao respecto, e lembra que a loita contra a piratería e as falsificacións do “top manta” é unha infracción penal cuxa persecución lle compete a todas as Forzas e Corpos de Seguridade


 

O Concello de Ourense agradece a colaboración ofrecida e transmitida onte aos medios de comunicación por parte da Subdelegación do Goberno. Mais o Goberno Municipal manifesta tamén que non existe, a día de hoxe, ningunha comunicación oficial ao respecto deste anuncio. Nin o alcalde, nin o concelleiro delegado de Seguridade Cidadá, nin a concelleira de Comercio recibiron comunicación algunha polas canles oficiais e habituais desde a Subdelegación do Goberno.

Así, e á espera de artellar unha coordinación efectiva entre o anunciado onte e os recursos propios municipais, o Goberno local destaca tamén que, pese a que a venta ambulante é efectivamente unha competencia municipal (e se realizan a diario accións disuasorias por parte de axentes da Policía Local), no chamado coloquialmente “top manta” non só se venden artigos de la e pequenas prendas, xa que tamén se poñen á venda falsificacións, algo que é unha infracción penal relacionada coa propiedade propiedade intelectual e industrial. “E por elo, a persecución destas infraccións compételle a todas as Forzas de Corpos de Seguridade”, sinalan fontes do Goberno Municipal.

Deja un comentario