Domingo 26 de Maio de 2019

O Concello destina 17.650 euros a subvencións para actividades e proxectos que organicen as federacións e asociacións de nais e pais


 

O Concello de Ourense abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de subvencións que darán apoio a federacións e asociacións de nais e pais para desenvolver actividades e proxectos pedagóxicos durante o presente curso escolar. A convocatoria está dotada cun orzamento de 17.650 euros.

Poderán solicitar as subvencións as federacións e asociacións de nais e pais de centros escolares con domicilio social no Concello de Ourense e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ourense. As solicitudes deberanse presentar por sé electrónica. O prazo estará aberto ata o día 25 de xaneiro.

Deja un comentario