Domingo 20 de Xaneiro de 2019

Ourense en Común non compartirá a faixa do primeiro luns de mes con quen cuestiona a violencia machista


No apartado de rogos e preguntas da sesión plenaria celebrada esta mañá no Concello de Ourense, Ourense en Común interpelaba ao alcalde a aclarar se respalda as palabras do presidente do Partido Popular cando se refire á violencia machista como intrafamiliar ou doméstica, sen obter resposta algunha de Jesús Vázquez, que esquivou a cuestión alegando descoñecer unha cuestión de rigorosa actualidade.
Perante a actitude do alcalde, o voceiro de OUeC, Martiño Xosé Vázquez, manifestaba que “namentres o equipo de goberno do Concello de Ourense non se aparte da posición do seu partido político, non compartiremos a faixa contra as violencias de cada primeiro luns de mes”, convidando aos demais grupos da oposición a seguir o mesmo proceder, e concluíndo que o posicionamento que está tomando o Partido Popular “constitúe un retroceso aos anos 70 logo do avanzado en décadas”.

Deja un comentario