Domingo 16 de Xuño de 2019

O Concello inicia este mércores o acondicionamento dun tramo de beirarrúa da Avda. Rodríguez Castelao


Prégase desculpas aos usuarios dese tramo, comprendido entre a rúa Blanco Amor e a Avda. Otero Pedrayo pola parte do IES As Lagoas

O Concello de Ourense procederá, este mércores 9 de xaneiro, ao acondicionamento do tramo de beirarrúa da Avda. Rodríguez Castelao comprendido entre o cruce coas rúas Blanco Amor e a Avda. Otero Pedrayo, o correspondente ao IES As Lagoas. As obras consistirán na mellora do cementado e na substitución das baldosas estragadas, e durarán até a fin de semana. O vindeiro luns, 14 de xaneiro, volverá estar a disposición da cidadanía.
Desde o Concello agradécese a comprensión dos usuarios e desculpas polas molestias ocasionadas.

Deja un comentario