Domingo 16 de Xuño de 2019

O 2019 chega a Ourense cunha nova rebaixa no recibo da contribución, un 20% máis barato que no anterior mandato municipal


 

A segunda rebaixa do 10% no imposto de Bens Inmobles (IBI) entrará en vigor mañá, logo da súa aprobación no Boletín Oficial da Provincia de hoxe

 

O ano 2019 chega a Ourense cunha rebaixa no recibo da contribución, uhn
20% máis barato que no anterior mandato municipal.

“Comprometímonos neste mandato a baixar os impostos naqueles casos onde fose posible, e cumprimos a nosa palabra. Nestes anos, os petos dos ourensáns propietarios de bens inmobles aforraron 6 millóns de euros no pago deste imposto”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad

A segunda rebaixa do 10% no imposto de Bens Inmobles (IBI) posta en marcha polo Goberno Municipal entrará en vigor mañá, logo da súa aprobación no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, onde consta literalmente:

Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles para o ano 2019.

Mediante Decreto de Alcaldía do 27 de decembro de 2018 elevouse a definitivo o acordo de aprobación provisional adoptado polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria do 24 de outubro de 2018, de modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles para o ano 2019, xa que, estando o expediente exposto ao público durante o prazo de 30 días hábiles, non se presentaron reclamacións contra este, segundo dispón o artigo 17 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo).

A modificación da ordenanza producirá efectos desde o 1 de xaneiro de
2019 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Deja un comentario