Luns 25 de Maio de 2020

‘Banco de Alimentos’ e ‘Cáritas’ benefícianse da recollida solidaria de comida, roupa e xoguetes de Protección Civil


Entregáronse máis de 1200k de alimentos e máis de 40 caixas de xoguetes

 

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Ourense entrega esta tarde, ás 16:15 horas, un total de 60 caixas con alimentos non perecedoiros, máis 40 caixas (con 6 botellas) de leite e máis 70 botellas de aceite, recollidas de forma voluntaria e desinteresada, no Banco de Alimentos de Ourense.
Nesta campaña tamén están recollendo xoguetes e roupa (30 caixas) que lle serán entregados a Cáritas Ourense.
A iniciativa, que naceu de forma absolutamente voluntaria por parte da AVPC de Ourense, está sendo secundada por moitos ourensáns, e permanecerá aberta até o 4 de xaneiro, data na que procederán a facer unha segunda entrega de todo o recollido, incluíndo excedentes dunha coñecida cadea de súpermercados (Mercadona) e doutras empresas que se adheriron á iniciativa.

Deja una respuesta