Venres 27 de Novembro de 2020

Ourense recibiu en novembro un 20% máis de turistas que o pasado ano, mentres que as pernoctacións na nosa cidade creceron por riba desta cifra, nun 26%


“Estas cifras veñen confirmar que Ourense está a converterse nun destino atractivo para os turistas, que cada vez responden menos ao perfil de visitante de paso, tal e como reflexa o importantísimo aumento dos que pasan a noite na nosa cidade”, sinala o alcalde Jesús Vázquez

Ourense recibiu durante o mes de novembro un total de 10.600 visitantes, dos que máis do 10% procedían do estranxeiro, segundo reflicten os datos da Enquisa de ocupación de hoteleira que realiza o Instituto Nacional de Estatística. As cifras manexadas por Estatística confirman unha evolución ascendente nos rexistros da cidade respecto ao pasado ano, xa que o número de turistas que chegaron a nosa cidade neste mes aumentou case un 20%, mentres que o número de pernoctacións incrementouse nun 26% desde 2017.
“Estas cifras veñen confirmar que Ourense está a converterse nun destino atractivo para os turistas, que cada vez responden menos ao perfil de visitante de paso, tal e como reflexa o importantísimo aumento dos que pasan a noite na nosa cidade, e están máis dunha xornada na nosa cidade para gozar da nosa ampla oferta cultural, artística, gastronómica e termal” sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
O rexedor destaca que este aumento dos visitantes e de pernoctacións no pasado mes de novembro “reflexa unha tendencia que nos confirma imos polo bo camiño coas campañas de promoción que estamos a desenvolver en distintos puntos de España e que están a dar os seus froitos”.
Até o mes de novembro Ourense recibiu, segundo os datos de Estatística, un total de 116.821 visitantes, dos que 196.328 pernoctaron na nosa cidade. Estas cifras confirman un aumento do 1,94% no número de pernoctacións e un lixeiro descenso no número total de visitantes (0.3%).
Ás persoas rexistradas na enquisa, súmanselles outras que tamén se achegaron á cidade aínda que non son contabilizadas no estudo: excursionistas (turistas dun só día) e visitantes que pasan a noite nun aloxamento non hoteleiro, como domicilios particulares, autocaravanas, turismo rural ou apartamentos turísticos.
Pola súa banda, a Oficina Municipal de Turismo prestou atención durante o mes de novembro a un total de 30.204 persoas, 671 máis ca en novembro de 2017.

Deja una respuesta