Venres 27 de Novembro de 2020

Máis do 90% da poboación do concello de Ourense xa dispón de cobertura de redes de fibra óptica de máis de 100 Mbps


Segundo as previsións de despregue de fibra óptica do Estado, con data tope de 2019 está previsto cubrir os núcleos de Untes e Santa Mariña do Monte; mentres que ata 2020 centrarase en Castro de Beiro, A Granxa (parroquia de Arrabaldo), A Granxa (parroquia de Montealegre) e a zona onde se empraza o Complexo Hospitalario de Ourense

 

Máis do 90% da poboación do Concello de Ourense xa dispón de cobertura de redes de fibra óptica de máis de 100 Mbps. Esta poboación emprázase entre os 59 núcleos de do Concello que o Ministerio identifica en novembro de 2018 como “zonas non brancas de redes NGA”, que son aquelas que xa dispoñen de cobertura ou previsión de cobertura.
“Somos conscientes de que a nosa prioridade é darlle o mellor servizo de fibra óptica a ese 10% de poboación restante, e poremos todo o noso esforzo solicitando ante o Ministerio e a Xunta toda a axilización posible para acadar a cobertura total no noso término municipal”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad.

Seixalbo e O Castro de Beiro
No que respecta á cobertura específica en núcleos de Seixalbo e o Castro de Beiro, ambos son zonas non brancas de banda ancha ultrarrápida. É dicir: xa dispoñen de cobertura ou de previsión para os vindeiros anos. En concreto, en Seixalbo dispón de cobertura entre o 50% e o 75% da poboación con redes de fibra óptica e O Castro de Beiro cubrirase con fibra óptica de Telefónica (período 2018-2020) grazas á subvención concedida polo Estado en 2018.

Centros escolares
Respecto aos centros educativos, e dentro do programa “Escolas Conectadas”, once centros escolares dispoñen xa de rede de máis de 100Mbps: Os CEIP Mariñamansa, O Couto, Manuel Luis Acuña, As Mercedes, Seixalbo e Albino Núñez; os IES O Couto e Xesús Ferro Couselo; os CEE Miño e O Pino; e o CPI José García García.
Así se desprende dos datos a nivel municipal publicados polo Ministerio, onde sinala que en 2017 tanto a cobertura 3G como a 4G supera o 90% da poboación en Ourense, tal e como recolle un informe elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Resulta tamén significativo que con estas redes 3G/4G pódense prestar servizos de banda ancha de ata 20 Mbps ou máis, dependendo dos distintos operadores.

O listado destes 59 núcleos, catalogados como como “zonas non brancas de redes NGA”, que son aquelas que xa dispoñen de cobertura ou previsión de cobertura, é o seguinte:

– Ourense
– A Granxa
– A Garduñeira
– Beiro
– O Castro de Beiro
– O Carroleiro
– Ceboliño
– O Mesón
– As Barxas
– Cudeiro
– A Granxa
– O Viso
– Val do Regueiro
– Costoira
– Os Coiñás
– Santa María do Monte
– A Granxa
– A Burata
– Rairo
– Estrada de Reza – Reza
– Casagrande
– A Fonte
– A Granxa
– As Curuxeiras
– Seixalbo
– Untes
– Cangos
– Casixova
– Cazaligo
– O Lagar
– O Outeiro
– A Pousa
– Velle
– Regoufe
– Roxomilo
– A Senra
– A Bouza
– O Lagar
– Ludeiros – Monte
– Paradela
– Sartédigos
– Astrés
– Valdolide
– Vilar de Astrés
– Erbedelo
– Cachaxúas
– Capela
– Casagrande
– Eirasvedras
– Fontelo
– A Eirexa
– Outariz
– Porto
– Quintela
– Requeixo
– Seoane
– Vilanova

Deja una respuesta