Sábado 29 de Febreiro de 2020

Entrega do premio de pintura Fertiberia no CEIP de Castrelo de Miño


 

Na mañá de hoxe 13 de decembro de 2018, ás 12:30 horas tivo lugar no CEIP de Castrelo de Miño o acto de entrega do primeiro premio da XXII Edición do certame Fertiberia de Pintura Rural infantil á alumna Britney María Pintilii Pintilii de 3º curso.

Entre outras autoridades asistiron á entrega o alcalde de Castrelo de Miño, D. Xurxo Rodríguez Méndez, a xefa territorial de educación Dna. María Luz Fernández acompañada do inspector de educación da zona, a delegada comercial de Fertiberia Dna. María Álvaro, a directora do colexio en representación da comunidade educativa e un pai membro do ANPA do centro.

Durante o acto fíxoselle entrega a todos os alumnos dun diploma pola súa participación neste certame, así como unha mochila con material educativo por parte dos representantes de Fertiberia.

Britney María Pintilii recibiu unha placa conmemorativa e unha bolsa de estudos por importe de 6.000 euros.

Ao centro escolar, fíxoselle entrega dunha reprodución da pintura gañadora para que mostren na súa sala de exposicións, un equipo multimedia educativa valorado en 1.000 euros, e á AMPA un cheque de 1.000 euros para a organización de actividades.

Deja un comentario