Martes 23 de Abril de 2019

Mercar no comercio local de Ourense ten premio, grazas a campaña de Nadal do Concello “Pasaporte aos teus soños”


 

Os participantes podrán optar a estancias no Parque Warner de Madrid, cedidas por Logitravel; fines de semana en balnearios, cortesía de Caldaria; ceas e aloxamento no Hotel Rústico San Jaime, e seis cenas establecementos pertencentes á Unión de Hostaleiros de Ourense

“Con esta ambiciosa proposta o Concello quere que o Nadal tamén sexa unha data de celebración para o Comercio local, animando aos nosos cidadáns a facer as súas compras en Ourense que sempre é sinónimo de garantía e calidade”, sinala o alcalde Jesús Vázquez

A campaña reparte desde hoxe e ata o día 7 de xaneiro 20.000 pasaportes entre os comercios da cidade para que as persoas que desexen participar o cubran facendo oito compras, en diferentes establecementos, por importe superior aos oito euros. Unha vez cuberto, deberán depositalo no buzón instalado no Concello

Na Xunta de Goberno Local aprobáronse un total de 25 asuntos.

Ourense, 13 de decembro de 2018.

O Concello de Ourense pon en marcha desde hoxe a campaña especial de Nadal “Pasaporte aos teus soños”, que ofrecerá a posibilidade de gañar viaxes, estancias en balnearios, comidas e ceas ofrecidos polos comerciantes, ás persoas que durante estas festas realicen as súas compras nos establecementos da cidade.

O pasaporte consiste nunha tarxeta que conta con oito casillas que deberán ser seladas en comercios diferentes da cidade, e que se cubrirán cando as compras superen o importe de cinco euros. Unha vez que se teña completamente selado o pasaporte deberá entregarse nun buzón que se instalará no Concello de Ourense. Os participantes terán ata o 7 de saneiro para poñerlle os oitos elos ao pasaporte.

O sorteo terá lugar o oito de xaneiro, e a entrega dos premios será o día 10 de xaneiro. Os participantes poderán optar a tres estancias no Parque Warner de Madrid, cedidas por Logitravel: tres fines de semana en balnearios, cortesía de Caldaria; dúas cenas para dúas persoas e unha noite de aloxamento no Hotel Rústico San Jaime (Pereiro de Aguiar) ofrecidas pola propia empresa e seis cenas para dúas persoas en establecementos pertencentes á Unión de Hostaleiros de Ourense.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que “con esta ambiciosa proposta o Concello quere que o Nadal tamén sexa unha data de celebración para o Comercio local, animando aos nosos cidadáns a facer as súas compras na nosa cidade. Sempre estaremos ao lado de calquera proposta que supoña un pulo ao noso comercio. Non podemos esquecer que se trata dun sector do que dependen moitas familias e que na nosa cidade sempre foi sinónimo de garantía e calidade”.

En total repartíronse 20.000 pasaportes polos establecementos comerciais de Ourense e por todos os barrios, co obxectivo de chegar ao maior número de persoas.

A campaña de promoción do Comercio local en Nadal complétase coa proposta “Mercar en Ourense é máxico”, que ofrecerá actuacións de maxia por diferentes puntos da cidade. O mago ofrecerá cinco pases diarios ao longo de sete días para incentivar que as familias poidan gozar das súas compras tamén nos comercios dos barrios.

A aprobación das bases reguladoras do sorteo “Pasaporte aos teus soños” foi un dos asuntos tratados hoxe na Xunta de Goberno Local, que aprobou un total de 25 cuestións achegadas polas diferentes áreas.

Avogacía Consistorial (8). Unha sentenza e sete emprazamentos xudiciais.

A sentenza, ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está referida a un contencioso entre o Concello de Ourense e Gas Natural, por non ter presentado a empresa unha documentación en tempo e forma. O contencioso imponlle á empresa eléctrica unha multa de 20.000 euros por cada un dos seis casos (120.000 en total) nos que non realizou esta operación en tempo e forma.

O Concello tamén foi emprazado a presentarse en sete comparecencias por parte de traballadores municipais que reclaman melloras económicas.

Licenzas Urbanísticas (4). Declarou a caducidade dunha solicitude de licenza de obra para un garaxe familiar, na rúa Río Sil; desestimouse o recurso dunha empresa contra a denegación, no ano 2010, de licenza para construír un edificio de 16 vivendas na estrada da Granxa; concedeuse licenza para unha vivenda en Penouzos (Seixalbo) e aceptouse unha renuncia a unha licenza de obra en Oira.

Aperturas (1). Desestimouse o recurso dunha sociedade mercantil contra un acordo que denegaba a licenza de obra para adaptación de local para lavandería na Avenida de Portugal.

Servizo de Patrimonio (4). Deuse conta de catro reclamacións de responsabilidade patrimonial. Estimáronse tres, por danos en vehículos e considerouse desistida outra por non reunir os requisitos legais establecidos.

Infraestruturas (3). Recoñecéronse tres débedas a favor da Confederación Hidrográfica Miño-Sil por un importe total de 4.423,16 euros.

Contratación (2). Nomeouse responsable do contrato de concesión de obra pública para a execución do proxecto de terma pública en Outariz e a súa explotación e para a explotación dos baños termais das Caldas do Bispo, na Chavasqueira. Ademais, iniciouse o procedemento para a interpretación do contrato de limpeza de centros educativos municipais no Concello de Ourense.

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobouse un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos para darlles saída a facturas de gastos realizados no exercicio 2017, por importe de 3.425,67 euros.

Fóra da orde do día tratouse un expediente de planeamento en relación a un preito que vén desde vai case 30 anos (concretamente desde 1990) e que afecta ás traseiras da Avenida de Portugal. O Goberno resolveu pagar máis de 2,2 millóns de euros, en cumprimento dunha sentenza, á construtora que gañou o preito, finalizando así un procedemento herdado e enquistado desde había moitos anos.

Deja un comentario