Martes 28 de Xaneiro de 2020

Ourense en Común esixe ao PP corrixir a morosidade da súa xestión no Concello de Ourense


 «Así é como coida o Partido Popular ao comercio local, tardando máis de 100 días en pagarlle as facturas a ferreterías, librerías, subministros…»

Ourense en Común calificaba esta mañá como “outra vergoña” o estado da Tesourería Municipal, logo de coñecer que o Concello de Ourense mantén nunha débeda de máis de seis millóns de euros en facturas pendentes de pago, cun retraso de 100,56 días, cando o prazo que permite a lei é de só 30 días.
O grupo apunta a que o goberno de Jesús Vázquez, con Ana Morenza á fronte da área de Facenda, “convertiron a este Concello en mal pagador, perxudicando ás pequenas empresas que prestan servicios municipais”.
Denuncian o reiterado incumprimento do prazo legal de pago durante todo este 2018, e requiren dun plan de axuste para “corrixir a morosidade e evitar que o Ministerio de Facenda teña que intervir“ os recursos do Concello.
Engaden que é “inxente” a cantidade de facturas acumuladas por este goberno, e denuncian que sexa unha “práctica habitual que afoga aos pequenos empresarios e ao comercio local”.

Deja un comentario