Domingo 16 de Xuño de 2019

Visita ás obras que se están a realizar no Campo de Santiago, moi preto do Tinteiro, xunto á directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o concelleiro de Termalismo, Jorge Pumar.


 

Jesús Vázquez: “Con esta actuación global melloramos e damos en valor unha das nosas áreas máis singulares, pero tamén poñemos á disposición da cidadanía un novo espazo interxeracional que permitirá compartir espazo e tempo de lecer a nenos e maiores fomentando hábitos de vida saudables”.

O convenio coa Axencia de Turismo de Galicia permite realizar dúas actuacións:
– Espazo deportivo para todas as idades no Campo de Santiago
– Reformar os aseos do Muíño da Veiga

Pola súa banda, o convenio coa Deputación, está a permitir a:
– Mellora do sistema iluminación no paseo vermello

O investimento total supón: 132.000 euros

En qué consisten as actuacións?

1. Campo de Santiago (Paseo do Tinteiro). Importe: 47.974,08 euros.
Evita a zona inundable e afectada por dominio público, garantindo así a súa permanencia.
Para os máis pequenos: xogos e exercicios desenvolvendo habilidades motoras cun combinado de cordas e pontes.
Para os adolescentes, barras para exercicios de calistenia Street Work Out, paralelas, espaldeiras, e barras fixas.
Para os adultos, exercicios complementarios con bancos de abdominais, aparatos de marcha, fortalecemento de pernas e brazos, elíptica bicicleta, etc.

2. Mellora dos aseos que están na área do Muíño da Veiga. Investimento: 36.031,04 euros (Axencia de Turismo)

3. Sistema eléctrico e de iluminación na pista vermella. Importe: 48.000 euros (Deputación Provincial)

Deja un comentario