Domingo 16 de Xuño de 2019

Un referente a nivel internacional, Javier Perianes, ofrecerá o vindeiro 13 de decembro un dos concertos máis agardados da temporada camerística en Ourense.


 

O pianista andaluz, un dos músicos españois con maior proxección internacional, volve ao Teatro Principal da cidade cun programa composto por obras de Chopin, Debussy e El amor brujo de Manuel de Falla

Premio Nacional de Música 2012 e “Artista do ano 2019” nos International Classical Music Awards (ICMA), o seu recital en Ourense enmárcase no medio dunha nutrida actividade concertística: a Galicia chega tras unha xira por Alemaña na que debutou coa Konzerthausorchester Berlin e a Gewandhausorchester Leipzig. En decembro iniciará un tour polos EEUU interpretando o Concerto para piano num. 27 de Mozart xunto coa Orpheus Chamber Orchestra e que rematará coa súa volta ao Carnegie Hall de Manhattan. Despois, unha xira por España coa London Philharmonic Orchestra e Juanjo Mena que finalizará no Royal Festival Hall de Londres; así como unha xira de recitais en solitario por toda Europa.

Perianes, que naceu en Huelva e continuou a súa formación en Sevilla e Madrid co mestre Josep Colom (que tamén actuará en maio en Ourense) sóubose rodear de grandes pianistas como Richard Goode, Alicia de Larrocha ou Daniel Barenhoim na súa etapa formativa. En pasadas temporadas actuou xunto á Wiener Philharmoniker, a Royal Concertgebouw, as sinfónicas de Chicago, Boston e San Francisco ou a Filharmónica de Oslo, entre moitas outras.

Artista exclusivo do selo Harmonia Mundi, o seu álbum dedicado a Falla – que inclúe Noches en los jardines de España e unha selección de pezas para piano – foi nomeado ao Grammy Latino 2012. Destaca tamén o seu disco publicado xunto con Pablo Heras-Casado e dedicado a Béla Bartók. O pasado 30 de novembro publicouse o último proxecto discográfico de Perianes, o que dedicou a Debussy co gallo do centenario do seu pasamento con pezas do período tardío do compositor.

PROGRAMA DO CONCERTO

I PARTE

Frédéric Chopin (1810-1849)

Nocturnos op. 48 (14’)
48 n.º 1 en Do menor
48 n.º 2 en Fa sostido menor
Sonata n.º 3 en Si menor op. 58 (25’)
Allegro maestoso
Molto vivace
Largo
Presto non tanto
II PARTE

Claude Debussy (1862-1918)

Selección
Danseuses de Delphes
Le vent dans la plaine
La fille aux cheveux de lin
Le sérénade interrompue
La cathédrale engloutue
Minstrels
Manuel de Falla (1876-1946)

El amor brujo
Pantomina
Danza del Terror
Círculo Mágico
Danza Ritual del Fuego

Deja un comentario